Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo clausurou este venres a tempada das escolas deportivas municipais

260517 Escolas DeportivasCervo, 26 de maio de 2017.- O Concello de Cervo clausurou esta tarde unha nova tempada das Escolas Deportivas Municipais cun acto no que participaron o alcalde, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, ademais doutros membros do equipo de goberno, e monitores, usuarios, e familiares dos pequenos.

A actividade tivo lugar no Pavillón de Cervo, no que un grupo de pequenos amosou ao público asistente parte do traballo que realizan durante o curso, facendo unha exhibición de patinaxe artística.
Ademais, dende o Concello como recordo, entregouselle aos asistentes unha revista con ilustracións e información de todas as disciplinas que abranguen estas Escolas Municipais e un agasallo aos pequenos.
A oferta deportiva das Escolas, que botaron a andar no ano 2007, pretende ser o máis ampla e diversificada posible, ofreciendo multitude de disciplinas como o fútbol sala, o tenis, o padel, o voleibol, a patinaxe artística e diversos xogos. para os máis pequenos.

E os adultos poden asistir a ximnasia de mantemento, pilates, aérobic e aerozumba.

Tal e como destacou Soto “a día de hoxe xa son máis de 200 usuarios os que participan nas actividades que programamos, e ver esas cifras e a entrega dos nenos,e tamén dos adultos, ao longo de todo o ano, fainos pensar, humildemente, que imos no camiño correcto, o que nos convida a continuar a traballar na liña de promover este tipo de accións”.

Nesta liña Villares sinalou que “a cultura deportiva é esencial para o benestar físico e emocional do ser humano, en todas as facetas do vida, nas idades temperás, pero tamén nas máis maduras; polo que eu como alcalde e como amante do deporte, recoñezo que me sinto orgulloso desta proposta municipal, porque cada ano vemos como o proxecto inicial medra e evoluciona grazas a implicación de todos”.

Villare quixo dar as grazas “aos monitores municipais polo grao de compromiso que amosan ano tras ano; ás familias, e como non aos propios usuarios, nenos e maiores, que fan que as Escolas Deportivas Municipais de Cervo podan ser unha realidade ano tras ano”.

Os rapaces, ademais, quixeron facerlle unha homenaxe a súa compañeira Lucía Soto, adicándolle un baile e facéndolle un agasallo, como mostra de cariño.

Exit mobile version