“Reeditamos, despois do éxito do ano pasado, esta campaña que con motivo da celebración da romaría do Bispo Santo, do 12 ao 14 de maio, o Concello de Foz pon en marcha co obxectivo de sensibilizar aos asistentes a este festexo sobre a necesidade de deixar limpos os lugares onde acampen. Entre os participantes nesta iniciativa sortearase unha cea para un máximo de 20 persoas”, anunciaron dende o Concello focense.
Os participantes nesta iniciativa deberán colgar fotografías nas redes sociais nas que ten presenza o Concello de Foz (facebook, twitter e instagram) do antes e despois do seu campamento para ver como queda todo recollido, xunto cos datos da peña ou do seu responsable. O prazo rematará o día 16 deste mes.