Francisco Dasilva explicou que “tamén se está a poñer en marcha unha aplicación a través da cal todos os usuarios poderán reservar con maior facilidade o uso da pista de maneira on line sen necesidade de desprazarse ó Concello”.
Dasilva resaltou “a importancia de apostar polo deporte e de por en marcha novas modalidades como o pádel, que de seguro terá boa aceptación para nen@s e maiores”. Ademais anunciou que “ó longo da tempada deportiva realizarase un torneo de pádel Concello de Lourenzá, no que todos os alumnos poderán poñer en práctica os fundamentos e recursos aprendidos nas clases e no que tamén poderán participar todas as demais persoas que así o desexen”.