Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo ultima un convenio coa Xunta para a intervención arqueolóxica no xacemento Os Castros

Mondoñedo 6 de maio de 2017.- O Concello de Mondoñedo ultima coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a sinatura dun convenio de colaboración para a intervención arqueolóxica no xacemento Os Castros.

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, explica que o que se quere promover a través deste convenio é a realización dunha intervención arqueolóxica no xacemento Os Castros que “permita a valoración e delimitación precisa do xacemento arqueolóxico cara a súa posible posta en valor”. É dicir, “confirmaríase a existencia dun xacemento e, de ser así delimitaríanse as zonas de protección”.

En base ao convenio no que están a traballar as dúas administracións, a Consellería de Cultura sufragará o custe dos traballos arqueolóxicos de documentación e delimitación e o Concello encargarase da contratación do persoal e do control do desenvolvemento do proxecto que, nun principio, debería estar finalizado a finais de setembro, xa que “temos a encomenda de protexer, difundir e fomentar o valor cultural dos bens do patrimonio que se localicen no noso ámbito territorial”.

Exit mobile version