Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo, en colaboración coa Asociación os Abelleiros, organiza un curso práctico teórico de iniciación á apicultura, que se celebrará os días 27 de maio e 10 e 17 de xuño. É gratuíto e a inscrición xa está aberta

Ribadeo, 9 de maio de 2017. Os días 27 de maio, 10 e 17 de xuño en horario de tarde de 16:00 a 20:00 o Concello, en colaboración coa Asociación Os Abelleiros de Ribadeo, organiza un curso práctico teórico de iniciación á apicultura.

Os días 27 de maio e 10 de xuño, de contido teórico, darase un repaso polas principais cousas que se necesitan para comezar no manexo de colmeas; farase un percorrido polos asentamentos, materiais necesarios, principais enfermidades, normativa apícola, extracción e comercialización do mel.

E o día 17 de maio abordarase unha xornada práctica que se levará a cabo nun apiario, onde se amosará como multiplicar colmeas dun xeito sinxelo.

O curso é gratuíto e está dirixido a todas aquelas persoas que se desexen iniciarse no mundo da apicultura.

Para máis información e/ou apuntamentos as persoas interesadas poden chamar ao Concello, á Área de Desenvolvemento Local 982 128 650. O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir prazas.

Exit mobile version