Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello realizará unha recepción oficial aos participantes do rally Via Iberica Pre War, de Via Flaminia, que o 8 de xuño de 2017 chegará a Viveiro

Viveiro 25-5-17. Via Flaminia é unha compañía creada en 2004, que realizou o seu primeiro rally en 2005 e que, dende entón, organizou 25 viaxes por 6 países diferentes. Nestes rallys poden participar os propietarios de vehículos antigos que, inscribíndose previamente, cumpran os requisitos establecidos; segundo eles mesmo afirman, estas viaxes organízanse co obxectivo de disfrutar, sen présas, da ruta, das paisaxes e da gastronomía dos distintos lugares que se visitan.

Das cinco 5 rutas organizadas para 2017, unha delas terá lugar en España, a Via Iberica Pre War, que do 4 ao 13 de xuño percorrera 1750 quilómetros, partindo de Bilbao, seguindo o Camiño de Santiago ata Compostela e visitando, ademais, no seu regreso a Bilbao, os Picos de Europa. Nesta ruta participarán 22 coches antigos procedentes de Reino Unido, Bélgica e Holanda e unhas 50 persoas, ademais dos vehículos e persoal que adoita acompañar estes rallys (médico, fotógrafo e cámara). Viveiro terá a honra de recibir esta expedición na tarde do xoves do día 8, partindo do noso concello, cara a Compostela, ao día seguinte.

A Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, contactou con Via Flaminia na World Travel Market 2016, onde deu o primeiro paso para darlles a coñecer e promocionar esta zona, informándoos dos numerosos recursos existentes, ofrecendo a disposición deste concello para facilitar os trámites organizativos e establecendo na propia feira os contactos necesarios para facer posible esta visita.

Tras este primeiro contacto e durante meses, continuaron as xestións que permitiron que este concello fose incluído, como lugar de pernocta, na única ruta que esta compañía realizará este ano en España, debendo indicar que, inicialmente, Viveiro non era un dos destinos desta ruta.

A recepción oficial terá lugar o día da chegada, 8 de xuño de 2017, nos xardíns do Hotel Val do Naseiro, no que pernoctarán; neste lugar, especialmente decorado para a ocasión, actuarán uns grupos da gaitas e danzas e ofreceráse un cóctel de benvida.

Polas características propias desta ruta e dos vehículos participantes, de gran valor e beleza, dende o concello considérase que esta é unha oportunidade importante dende o punto de vista económico e de promoción turística.

Exit mobile version