Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP solicita toda a documentación relativa á sinalización horizontal de Arcadio Pardiñas

Burela, a 22 de maio de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela presentou hoxe por rexistro a solicitude de toda a documentación relativa ó proxecto de sinalización horizontal de viales, dentro do que se executou a sinalización vial de Arcadio Pardiñas. Os populares queren saber “os motivos reáis de que non se teña executada parte da obra proxectada, o que tén motivado a protesta cidadana”.

Os populares solicitan copia da documentación de tramitación administrativa, contratación, adxudiación, posibles modificados, informes ó respecto, certificación, abono, da obra correspondente ó proxecto “Proxecto de sinalización horizontal de viales públicos”, aprobado en Xunta de Goberno de 01/03/2017.

Desde o GMP consideran que “o alcalde, que prometeu no seu momento consultar á cidadanía sobre aspectos e obras municipáis, non está escoitando á xente, e está actuando de forma absolutamente despótica e faltona, mesmo con desprecio e actitude prepotente, demostrando que non leva nada ben que se lle contradiga”.

“Consideramos absolutamente vergoñentas as súas declaración nas que di que se comparta conforme ós principios da ética”, din os populares. “Entendendo que unha das dúas definicións de ‘ética’ é a de ‘conxunto de costumes e normas que dirixen e valoran o comportamento humano’, temos que decir alto e claro que a súa ética é despreciable, porque se o seu comportamento se basea en non escoitar, en impoñer os seus criterios con autoritarismo, como mesmo el di ‘sí ou sí’, non podemos estar máis en desacordo”, engaden os edís populares.

Os populares consideran que “que o alcalde apele á ética e ó interese xeral cun tono de plañidera para xustificar o seu comportamento é deplorable. Como o é decir que os veciños teñen que decidir se queren seguir millorando ou volver atráis: a este señor hai que decirlle que Burela leva medrando ininterrumpidamente desde a década dos cincuenta do século pasado, e vai seguir medrando a pesares das posturas intransixentes e despóticas do alcalde, e da súa ética tan particular”.

Exit mobile version