Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación arranxa con 400.000 euros vías que unen A Pastoriza con Meira e Riotorto

dario campos-pastoriza 3Lugo, 22 de maio de 2017.O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, supervisaron este luns as melloras en 11 quilómetros de dúas estradas que unen este municipio cos de Meira e Riotorto. Son actuacións que financia o Goberno Provincial con 400.200 euros e que están a piques de rematar, pois, logo da limpeza de cunetas e taxeas realizada, estase a acondicionar o firme con aglomerado en quente para, posteriormente, reforzar a sinalización horizontal e vertical. Campos e Iglesias mantiveron encontros cos veciños para coñecer o seu parecer sobre as obras.

Trátanse da LU-P-4404 de Riocabo por Piñeiro e Aldurfe ás Rodrigas, onde se arranxan case 10 quilómetros, dende o punto quilométrico 0 ao 9,825. Campos Conde e Iglesias Sierra explicaron que as melloras en esta vía benefician directamente a un terzo dos veciños da Pastoriza que a empregan a cotío, pois son os que viven nesta zona, que é ademais a de maior carga gandeira deste Concello chairego.

Hai que ter en conta que esta infraestrutura parte de Paraxes, o primeiro núcleo pastoricense nada máis saír de Meira, a onde a diario acoden os veciños da Pastoriza; e prosegue por Fonmiñá, San Cosme de Piñeiro, Gueimonde, Aguarda, Álvare, Bretoña e ata os límites con Aldurfe, xa en Riotorto.

A outra estrada que se está a mellorar é a LU-P-3006 de Meira á Pastoriza. Arránxase o treito comprendido entre o punto quilométrico 1,920 ao 2,830, que é o único que quedaba pendente por acondicionar para culminar a mellora integral desta vía, que rexistra moito tránsito ao unir o municipio pastoricense co polígono industrial e o centro médico de Meira.
Campos Conde subliñou que súa “satisfacción” polo arranxo destas estradas con dita achega de 400.200 euros que decidiu facer o Goberno da Deputación no marco do seu Plan Integral da rede viaria provincial. “Melloramos comunicacións vitais nesta zona da Terra Chá, que constantemente as empregan os veciños da Pastoriza, Meira e Riotorto para o seu día a día, para traballar nas súas explotacións gandeiras ou para momentos de xuntanza en calquera destes municipios, que son exemplo de convivencia veciñal”.

Exit mobile version