Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación informa aos Concellos sobre taxas municipais ás enerxéticas polo uso de espazo público

IMG_6200Lugo, 23 de maio de 2017. O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, informou este martes sobre taxas municipais ás eléctricas polo uso de dominio público. Fíxoo nunha xornada informativa no Pazo de San Marcos e na que participaron alcaldes e representantes municipais de máis de 50 Concellos. Na sesión, afondouse sobre a posibilidade de aplicar un canon municipal ás compañías enerxéticas que utilizan terreos públicos para a instalación tanto de canalizacións como de tendidos eléctricos. Na xornada, participou tamén un bufete de avogados experto nesta materia.

Fernández Queipo informou que “dende o departamento de Cooperación cos Concellos, buscamos poñer á disposición dos municipios da provincia de Lugo toda a información para poder iniciar se é posible os procesos e trámites necesarios para poder facer efectivo dito gravame”.

“Compre subliñar que o Tribunal Supremo avalou recentemente diversas sentenzas para a aplicación dun canon municipal ás compañías que usan o espazo público dos Concello. Por exemplo, o Supremos aceptou as taxas que o Concello de Arteixo propuxo cobrar a estas compañías, segundo os metros cadrados que utilicen tanto no subsolo con canalizacións, como no aire, con tendidos eléctricos”.

Ditas sentenzas emitidas polo Supremo avalan o cálculo das tarifas da taxa de acordo cun estudo técnico-económico onde se empregan como criterios para obter o seu valor a suma do valor catastral do solo rústico con construcións co valor das instalacións, e a base impoñíbel é resultado de multiplicar ese valor do inmóbel ao coeficiente de relación co mercado e a ocupación en metro cadrado que corresponde a cada metro lineal. Así, a cota a pagar sitúase entre 3.000 euros e 12.000 euros por metro lineal no caso das instalacións de transporte eléctrico, segundo o tipo de tensión –baixa, media ou alta- e no que atinxe ás de transporte de gas, oscila entre os 500 e os 4.000 euros.

Exit mobile version