Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación súmase á celebración dos 25 universitarios sénior do IV Ciclo da USC

Lugo 20-5-17. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, participou este sábado no acto de fin de curso dos 25 graduados sénior da segunda promoción do IV Ciclo Universitario da USC, que tivo lugar na Casa do Saber de Lugo. Fíxoo xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; ao Vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; á madriña desta promoción, Carolina Casa; á directora deste ciclo, Esther Oliveira; e á subdirectora Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia da Xunta, Carmen Orgueira. Durante a cerimonia, os novos titulados, recibiron as insignias e os diplomas que os acreditan como graduados do IV Ciclo da USC, e para clausurar a xornada, os participantes compartiron un almorzo de confraternidade.

Exit mobile version