Site icon Crónica3.com A Mariña

O mago Richard en xove

OLYMPUS DIGITAL CAMERAXove 22-5-17. A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou este luns 22 de maio, a segunda actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.

Das tres actividades programadas polo Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe foi a quenda do MAGO RICHARK co espectáculo “MAXIA LAB”.

Trátase dun espectáculo interactivo de divulgación científica. Demostracións de ciencia e de maxia. As experiencias presentadas teñen unha explicación cientifica ou máxica; o público terá que adiviñalo. Faise un percorrido pola historia da ciencia e da tecnoloxía, desde o big bang aos buratos negros. Unha mestura dun show de ciencia con maxia e interactividade co público.

Para esta representación contouse coa colaboración do IES ILLA DE SARÓN. Deste xeito, cáseque 100 rapaces/as do mesmo asistiron á representación, que se deenvolveu no Salón de Actos do Centro Cívico.

Exit mobile version