Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén e A Fervenza FSF estreitan lazos

bea-fervenza1415Burela 11-5-17. O Pescados Rubén Burela FS e o Comarcal A Fervenza FSF traballarán xuntos en prol do fútbol sala. Ambas as entidades mantiveron varias reunións nas últimas semanas intercambiando posturas para pechar un acordo de colaboración.

Os contactos entre o club mariñán e o ferrolán continuarán nos vindeiros días para concretar un plan de traballo conxunto e, así, preparar coordinadamente a vindeira tempada, tanto deportiva coma tecnicamente.

Na próxima asemblea do Pescados Rubén, prevista para o martes 30 de maio, a entidade laranxa levará a aprobación do acordo de filialidade entre ambas as entidades.

 

 

Exit mobile version