Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz espera obter resposta por escrito, en tempo e forma, ás solicitudes de información feitas polo seu grupo municipal

Foz 19-05-2017. O Grupo municipal do PSdeG-PSOE de Foz preguntou no pasado pleno polo resultado que esta dando o acordo entre os maderistas e o concello de Foz, aos que se eximia de pagar un deposito previo antes de facer unha tala a cambio de que se notificasen ditas talas e se deixasen as pistas forestais e camiños empregados nas mesmas condicións nas que se atopaban antes de efectuarse o traballo. A resposta foi que se están notificando todas as talas.

Ao partido socialista chegan queixas do mal estado no que se atopan certas pistas forestais, motivo polo cal acaba de solicitar copia de todas esas comunicacións entre maderistas e concello para poder comprobar que efectivamente se da cumprimento do acordado e ditas pistas son deixadas en bo estado de uso e non coincidentes coas que presentan queixas veciñais.

O grupo municipal socialista tamén presentou unha solicitude para que sexa facilitada unha copia do proxecto da senda peonil de Forxan, obra que se esta executando nestes días na que, polo que se pode contemplar a primeira vista, non se esta aproveitando a totalidade da franxa expropiada no seu momento que vai seguindo a liña dos postes eléctricos, preguntando cal é a razón, á vez que se solicita que se proceda a habilitar aparcadoiros de vehículos, aproveitando a amplitude de dita franxa expropiada.

O PSdeG-PSOE de Foz espera obter resposta por escrito, en tempo e forma, ás solicitudes de información feitas polo seu grupo municipal.

Exit mobile version