Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz recomenda aos veciños e veciñas que pidan a devolución do cobrado de mais na contribución do 2014

Foz 26-05-2017.- Despois de comprobarse que, efectivamente, se aplicaron dúas subidas incompatibles no IBI, tal e como descubriu e denunciou o grupo socialista, a través do seu voceiro Chema Linares e de presentar unha moción que resultou aprobada por unanimidade en novembro de 2016 instando ao equipo de goberno do concello de Foz, á devolución de oficio do cobrado de mais, o grupo municipal do PSdeG-PSOE de Foz preguntou no pleno de onte, como e cando, se vai devolver o cobrado de mais aos veciños polo imposto sobre bens inmobles (IBI), a contestación do Alcalde foi que deben solicitalo os propios veciños.

O PSOE non entende que dita devolución non se efectúe de oficio xa que, segundo dispón a Lei de Procedemento Administrativo común para as Administracións públicas no artigo 109, as administracións poderán rectificar de oficio os errores materiais, de feito ou aritméticos sen necesidade de que o pidan os veciños e cando tamén esta aprobada por unanimidade unha moción presentada polo grupo socialista no pleno de 26 de novembro de 2016, instando ao equipo de goberno a dita devolución de oficio.

A cantidade estimada, abonada de mais polos veciños, ronda os 200.000 euros aos que hai que sumar os intereses de demora dende o ingreso, no ano 2014, ata a fecha de devolución.

Xa que esta probado que se cobrou de mais, é obriga do Concello, devolver o cobrado en exceso ou ben compensar dito cobro de mais con cargo ao imposto deste ano 2017.

Non obstante, dende o PSOE recomendase aos veciños que soliciten por escrito, a devolución antes de que prescriba xa que, a resposta dada polo alcalde onte en sesión plenaria, inclina a pensar que non se vai facer de oficio e solo se procederá á devolución a quen así o solicite.

O PSdeG pon a disposición dos veciños un modelo de solicitude, que se poderá atopar, na sede da agrupación e nas redes sociais da Agrupación Socialista de Foz

Exit mobile version