Site icon Crónica3.com A Mariña

O Salón de Actos do Concello de Lourenzá acolleu unha conferencia sobre nutrición deportiva a cargo da campioa do mundo de atletismo Carolina García

080517 CHARLA ATLETA CAROLINA GARCÍA EN LOURENZÁ (1)Carolina García foi campioa do mundo na categoría W35 en 200 metros aire libre no ano 2016 e conseguiu moitos títulos máis na súa carreira deportiva.
No acto, que foi presidido polo concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, a atleta fixo un breve percorrido pola súa traxectoria como deportista e salientou a importancia que ten unha boa alimentación sobre todo para a xente que practica algún deporte.
O edil de Deportes obsequiou a Carolina García cunha figura co escudo do Concello de Lourenzá e fabas doadas pola cooperativa Terras da Mariña.

Exit mobile version