Site icon Crónica3.com A Mariña

Os provedores do Concello de Foz cobrarán gracias a abstención de “Foz, plataforma de futuro”, así como tamén se realizarán numerosas obras pedidas por distintas asociacións e veciños. Tamén saíron aprobadas as tres mocións presentadas neste último pleno de abril

Foz 10-5-17. Este pasado xoves 04, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de abril do Concello de Foz. Un Pleno no que nos puntos da orde do día números 2,3 e 4 o Equipo de goberno levou poñer a disposición o remanente do ano 2016 para pagar facturas pendentes de anos anteriores e do ano 2017, así como a utilización de parte deste remanente para executar distintas obras que non puideron ser incluídas nos presupostos do ano 2017 por ter que incluír unha partida para pagar a sentencia xudicial a favor de Gestagua.

FPF fixo unhas intervencións claras e concisas, desmontando a teoría do equipo de Goberno e do alcalde de Foz da súa boa xestión. Soamente hai que lerse os informes de Intervención para ver que non é así. Temos un alcalde que non sabe xestionar o diñeiro de todos os veciños e veciñas, que gasta o diñeiro que non hai nas partidas, cada ano do seu goberno gasta mais sen haber crédito, intervención advirte de que se debe contratar mais directamente e menos contratos externos con empresas, numerosas facturas de obras reparadas por fraccionamento, o que significa que esas contratacións deberan saír a concurso público, e non dadas a dedo como fai este alcalde. Este alcalde trouxo a este Pleno facturas sen pagar por valor de 1.085.583,89€, o que entendemos que é totalmente unha irresponsabilidade. Dende a nosa formación intentamos por activa e por pasiva durante o pleno, poder votar as facturas por separado, que se sacaran todas aquelas facturas de obras reparadas por fraccionamento, esta emenda que se votou en pleno non saíu adiante porque as concelleiras do BNG votaron en contra, si estas concelleiras votaran a favor da nosa emenda, estas facturas reparadas por fraccionamento quedarían sen pagar como FPF pedía e sería un toque de atención cara a xestión do Sr. Castiñeira. De todas formas, a pesares de non saír adiante esta emenda os Concelleiros de FPF como anunciábamos, estando encontra da forma de proceder do Goberno do PP de Foz no tema das facturas, pero con responsabilidade diante de todas as empresas ás que se lles estaba debendo unha importante cantidade de diñeiro de obras feitas e rematadas, ou suministros de material, optamos pola abstención para favorecer este importante pagamento, e en moitos casos aliviar a situación financeira dalgunha empresa.
Dicir que o ano pasado os presupostos aprobáronse en Xuño o que fixo imposible cumprir o presuposto, e novamente este ano, se deciden as obras moi tarde, xa que é moi probable que tampouco de tempo a executalo na súa totalidade, o que demostra unha vez máis que este Goberno do noso Concello vai a remolque da súa mala xestión, e a súa parálise, só se ve modificada cando o alcalde enumeraba algunhas facturas que estaban pendentes de pago, eran obras que FPF pedira en diversas mocións ó longo da lexislatura. A oposición estamos para fiscalizar e transmitir o que os veciños nos reclaman, pero para xestionar está o alcalde e o seu equipo de Goberno.

Na parte de inversións, dende “Foz, Plataforma de Futuro” manifestamos a nosa satisfacción ó contribuír de forma positiva, en numerosas obras que van plasmadas para executar neste ano, obras que levábamos no noso programa electoral, e obras ou inversións que os veciños e Asociacións nos foron pediron.
Enumeramos as distintas obras e partidas que dende FPF se solicitaron e incluíron para executar neste ano 2017.
-Dotación de dúas prazas públicas do noso Concello con conexión WIFI (10.000€).
-Plan de emprego (175.000€).
-Senda peonil de Cangas (86.000€).
-Arranxo de edificios públicos (45.000€)
-Canceira (100.000€).
-Escola de música (4.000€).
-Así mesmo votamos a favor da emenda do PP, para darlle ós veciños de Forxán 50.000€ en obras, como habíamos acordado cando se aprobou en Pleno a posible ubicación da nova EDAR nos seus terreos.
Dende FPF mostramos a nosa desconformidade coa cantidade de diñeiro que se puxo para o Plan Verán, entendendo que debería ser unha partida mais pequena e potenciar máis o Plan de emprego, entendemos que a reparación de Edificios públicos debería ter unha partida maior, e pedimos que se nos explicase en que se ían investir os 50.000€ para a parroquia de Forxán en compensación pola posible ubicación da nova EDAR.

“Foz, Plataforma de Futuro” abstivémonos para facilitar novamente que os veciños do noso Concello teñan mellores condicións de vida nos vindeiros meses coa realización destas novas infraestruturas .
Non desexamos, que por ter diferente cor político, un pobo enteiro se paralice, os impostos dos nosos veciños e veciñas teñen que volver a eles a través das inversións, non poden quedarse sen usar .

-No punto número 6 da orde do día figuraba a proposta de FPF de “repoñer o cruce como se facía ata a fecha de Ribela-A Gralleira en Cangas”. Nos últimos meses dende “Foz, Plataforma de Futuro” vimos comprobando como se está a crear un problema inexistente con anterioridade na parroquia de Cangas, mais concretamente na estrada xeral o cruce que une os barrios da Gralleira e Ribela. Cando se fixo a nova estrada N-642 ó paso por esta parroquia quedou este cruce feito, así como a posibilidade de facer indistintos cambios de sentido, e a posibilidade de que tanto os veciños de Ribela como os veciños da Gralleira puideran coller este cruce para incorporarse e saír das súas vivendas sen ningún problema. Despois de pasaren moitísimos anos e sen que houbera problema ningún, un bo día, dende finais do ano 2016, os veciños de Ribela que van en dirección Foz-Burela non poden cruzar cara este barrio, as persoas que utilizan a estación de ITV, e usaban este cruce para volver dirección a Foz tampouco poden utilizar este cruce para volver cara Foz, e os veciños do barrio da Gralleira que queren saír cara Foz tampouco o poden facer. Especialmente verase agravada esta situación no período estival, polo que numerosos veciños e veciñas que utilizaban ese cruce para acudir os areais mais próximos dia a dia, e o retorno os seus fogares será mais incomodo e latoso.
Isto obriga a todos estes usuarios, a ir facer o cambio de sentido, a un cruce mais ou menos situado a 300 mts dirección burela, cruce coñecido como o do Centro Social de Cangas, onde por desgraza xa houbo numerosos accidentes e tivemos que lamentar xa algunha morte.
“Foz, Plataforma de Futuro” recibimos numerosas queixas de veciños e usuarios deste cruce, trasladámolas con anterioridade nesta Corporación, e observamos que o Equipo de Goberno tampouco non estaba de acordo con esta decisión que se había tomado e non se sabía moi ben por quen.
Neste tempo vimos como durante algún tempo se puido volver a cruzar, motivado a que se volveu a pintar liña descontinua para poder facer o cambio de sentido, pero ós poucos días se volvía a pintar a liña continua.
Dende a nosa formación, entendemos que esto deriva nun importante prexuízo para os veciños e usuarios desta vía, ademais de non haber sinistros neste cruce, o que nos fai difícil entender esta decisión.
Despois de todo isto Instamos ó Ministerio de Fomento, a que busque as solucións oportunas para repoñer o aceso, no cruce Ribela- A Gralleira, na parroquia de Cangas, así como pedir os informes pertinentes a tráfico e ás distintas administracións, que xustifiquen o cambio de criterio que había anteriormente e que hai a fecha de hoxe.

Esta moción foi aprobada por a unanimidade dos membros da corporación.

-No punto número 7 da orde do día figuraba a proposta de FPF para “a Colocación de dispensadores de bolsas para recoller os excrementos dos animais de compañía”. Son numerosas as queixas que recibimos día tras día da sucidade do noso Concello, non fai falla recorrer moitas rúas do noso casco urbano para poder comprobalo, sobre todo nas nosas beirarrúas. Son numerosos os veciños e veciñas que día tras día teñen que ir camiñando por elas e teñen que ir sorteando os excrementos dos animais de compañía. Nesta corporación xa se fixeron numerosas queixas por parte dos partidos da oposición a este respecto sen que se fixera absolutamente nada por parte do equipo de Goberno. Dende “Foz, Plataforma de Futuro” pedimos que se fixera unha campaña de sensibilización sobre este problema, cousa que non se realizou e o problema foise incrementando. Novamente volvemos a traer a un pleno este problema, e así mesmo unha posible solución para intentar mellorar o aspecto das nosas rúas, e que sexa máis fácil camiñar por elas sen preocuparse de levar un regalo para as súas vivendas. Entendemos dende a nosa formación que se debe dar un paso cara a diante para atallar este serio problema, e así mesmo, si non se atalla con esta solución que propoñemos deberíase empezar a sancionar como se está a facer noutros Concellos.Instamos ó Equipo de Goberno ó equipamento de dispensadores de bolsas para excrementos dos animais de compañía, nalgunhas papeleiras das nosas rúas, como método de concienciación para os donos destes animais, como primeiro paso a intentar atallar este problema de sucidade e salubridade.
Esta moción foi aprobada cos votos favorables de FPF,PSOE e PP, e coa abstención das Concelleiras do BNG.

-No punto número 8 da orde do día figuraba a proposta de FPF para “reparar o vial na praia da Pampillosa”. Nos últimos anos vimos vendo como a zoa da Praia da Pampillosa, e mais concretamente o vial que pasa pola zoa do aparcamento e baños, vaise deteriorando progresivamente, sen ser reparado dunha forma definitiva. Fai anos, cando se reformara esta zoa supoñemos que fora un adecentamento acorde co entorno, polo que non entendemos a deixadez que sufre esta zoa nos últimos anos. O estado do firme do vial é tan malo que os vehículos en vez de pasar polo sitio que corresponde utilizan o espazo dedicado a aparcamento para pasar por el. Nos últimos tempos observamos como se intentou reparar, entendemos dunha forma provisional, tapando as fochancas con terra ou zahorra, pero dende “Foz, Plataforma de Futuro” entendemos que esa non é a solución que esta zoa merece, curiosamente a semana que FPF rexistramos no Concello esta moción, procedíase por parte do Concello a reparar provisionalmente esta vía, pero dende a nosa formación seguimos adiante con esta moción xa que entendemos que debe ser Costas quen adecente esta zoa en condicións.Así instamos ó Ministerio de Medio Ambiente e Costas a reparar o mal estado do víal que pasa pola Praia da Pampillosa dunha maneira definitiva e acorde co entorno no que este se atopa.
Esta moción foi aprobada pola unanimidade dos membros da corporación.

Exit mobile version