O BNG sigue a demandar do Ministerio de Fomento que RENFE manteña na súa totalidade o servizo de mercadorías a través de FEVE entre a factoría de Alcoa e Amorebieta.
Esta situación suporía un grave problema para a comarca e un perigo para a circulación polas estradas mariñás, saturadas de tráfico e en pésimas condicións. Neste sentido manifestouse a responsable comarcal do BNG, Ana Ermida, quen afirmou que “coa situación económica que estamos a vivir, non é de recibo a actitude do goberno do Partido Popular condeando á comarca da Mariña a seguir tendo unhas pésimas estradas, sen autovía e promovendo o desmantelamento de RENFE-FEVE”, con graves consecuencias para o transporte de mercadorías (aluminio, madeira….) e para a mobiidade das persoas.
O BNG vai seguir reinvidicando e instando ao Ministerio de Fomento que a empresa pública RENFE manteña na súa totalidade o servizo de mercadorías a través de FEVE entre a factoría de Alcoa e Amorebieta coas frecuencias anteriores á data da súa interrupción o 14 de xullo de 2016.
O PP volve a traizoar a esta comarca
Para o BNG non son de recibo as actitudes e posicionamentos demagóxicos do Partido Popular nas diferentes institucións onde se presentan estas reivindicacións (concellos, deputación, parlamento……) onde votan a favor destas propostas e despois desde as súas responsablidades executivas e de goberno fan todo o contrario, traizoando aos veciños desta comarca.