Site icon Crónica3.com A Mariña

Pensamento e Sementeira programa un concerto didáctico con “Son de nós”, en viveiro o sábado 27 de maio

proba cartaz PP 1 SondeNósViveiro 19-5-17. Esta actividade desenvolverase no salón de actos do Conservatorio profesional de Música de Viveiro o sábado 27 de maio e dará comezo ás 20 horas. A entrada será libre até completar o aforo do local.

Segundo SondeNós o concerto que leva por título Identidade ( Lingua e Música) “quere facer a súa propia homenaxe a aquel pequeno grupo de intelectuais que respondendo ao chamamento do viveirés Antón Villar Ponte (1881-1936) e concienciados da alarmante situación de desprestixio da lingua galega en prol do castelán, fundaron na Coruña, no mes dos maios do ano 1916, a primeira “Irmandade da Fala”.

En “Identidade”–dín os de SondeNós– cantamos a Rosalía, a Curros, a Xoán Manuel Casado, a Manuel María e a Séchu Sende, con músicas de Xoán Montes, Miro Casabella, Luis Emilio Batallán, Uxía Senlle e Magín Blanco adaptadas, sempre desde o respecto, ás particularidades da nosa agrupación”.

Exit mobile version