Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación de “Vinte obras de teatro afeccionado”, de Pepe Peinó en Lourenzá

Lourenzá 2-5-17. O sábado 6 de maio, ás 20,00 horas, preséntase na Casa da Cultura de Lourenzá o libro “Vinte obras de teatro afeccionado”. Nel recóllense vinte obras de teatro escritas polo autor e representadas en moitos concellos da Mariña e no occidente asturiano, incluído tamén o concello de Lourenzá. Todas as obras son comedias e foron representadas polos grupos Raiolas, de Alfoz, Grupo de Teatro do Instituto Alfoz-Valadouro, Grupo de Teatro Xuvenil A Maseira, de Alfoz e O Valadouro, Grupo Teatral O Centiño de San Martiño e algúns máis. Na presentación contarese coa presencia de dous membros do Grupo Raiolas, Cachín e Juan García, que representarán, xunto co autor, un fragmento da obra “Non volvas, Salustio, non volvas”, representada hai uns anos polo Grupo Raiolas de Alfoz. O autor dirixirá a palabra ós presentes, en compañía de Cachín, Noé Recalde (autor de teatro do grupo Os Trangalleiros de Lourenzá), e dalgún outro convidado ó acto e asinará exemplares, que se venderán no mesmo lugar a 25 euros. Logo os libros poñeranse tamén á venda nas librerías de Lourenzá.

Exit mobile version