O edil subliñou que “as categorías inferiores do fútbol sala séguennos a dar alegrías en Burela, grazas a estes xogadores que quedaron campións de España. Isto para min é un orgullo como concelleiro de Deportes, xa que estes rapaces e estas categorías seguen a triunfar, seguen a traballar e o poñer no nome de Burela no máis alto do deporte, polo mundo adiante”.
Fernández Rey engadiu que “as escolas municipais de fútbol sala están a funcionar moi ben. E quero darlle as grazas ao Burela FS por apostar por estes rapaces. Agardamos que sigan a triunfar e que poidan xogar nas principais categorías deste deporte”.
Os rapaces estiveron acompañados polos adestradores e polo presidente do Burela FS.