Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción no Concello aos grupos que se achegaron a Burela para participar no III encontro de batukadeiras

IMG-20170520-WA0029Burela, 21 de maio de 2017. O Concello acolleu na xornada de onte, sábado, a recepción aos grupos de batuko que chegaron a Burela procedentes de Cabo Verde e de Lisboa.
O alcalde, Alfredo Llano, lembrou que “estes grupos que ían participar no III Encontro de Batukadeiras non actuaron no auditorio, tal e como estaba previsto inicialmente, por solidariedade cunha familia caboverdiana de Burela, que está pasando por un mal momento. Pero aproveitaron a visita para compartir as súas vidas, tanto na xornada do sábado como na do domingo, con familias de Burela”.
Na recepción estiveron presentes tamén a concelleira de Inmigración e Cooperación Angélica Gómez, e varios membros da comisión das festas patronais 2017. O Concello fíxolles entrega agasallos “para que lembren Burela”, explicou o rexedor.

Exit mobile version