Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata a estadía en Austria de catro profesores de APAGA, que visitaron centros educativos de FP, asociacións e empresas vinculadas ao sector da automoción

280517 Foto Austria 2Ribadeo, 28 de maio de 2017. Seguen as saídas formativas programadas para este curso por Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Hoxe remata en Austria a estadía de catro mestres, que visitaron varios centros educativos de FP, asociacións e empresas vinculadas ao sector da automoción. Fixérono ao abeiro do programa Conocimiento y Formación para la Empleabilidad.
Apaga está a aproveitar estas viaxes para dar a coñecer os atractivos turísticos do norte de Lugo, dentro do proxecto de internacionalización no que leva meses traballando. Álvaro Doural, o seu presidente, subliña que “estamos a distribuír nestas saídas formativas do profesorado exemplares da guía The North of Lugo, editada por esta asociación e por Faro Norte Comunicación”. Os encantos do norte da provincia de Lugo xa chegaron a países como Francia, Dinamarca, Croacia, República Checa, Portugal, Finlandia, Alemaña e agora Austria. As guías tamén se distribuirán en Estonia, Holanda e Italia, que son as saídas formativas que se desenvolverán durante o mes de xuño, dos días 5 ao 11.

Exit mobile version