Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou a visita que un profesor de Estonia realizou durante unha semana a varios centros de ensino da Mariña, a empresas e talleres de reparación de automóbiles

260517 Foto Estonia en Ribadeo 3Fíxoo dentro do proxecto Conocimiento y Formación para la Empleabilidad e o socio de acollida foi a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que ten a súa sede en Ribadeo. Chegou hai unha semana a Ribadeo e fixo un percorrido polo casco antigo, visitou o Centro de Formación Profesional Pedro Murias, o Centro de Cultivos Mariños ou a praia das Catedrais, ademais do CIFP Porta da Auga. Tamén pasou por Mondoñedo e Riotorto e achegouse a centros de ensino en Viveiro, Burela e Foz; e acudiu a varios talleres de reparación de automóbiles e á empresa de carrocería Hermanos Rega.

Exit mobile version