Ribadeo, 26 de maio de 2017. Co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercado nas cidades e vilas galegas, potenciado así a compra do produtos locais e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras, o Concello de Ribadeo participa na campaña “Quere o teu mercado”, que organiza a Xunta de Galicia.
“Quere o teu mercado” (LoveYour Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovida a nivel internacional pola WorldUnionofWholesaleMarkets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.
Dentro desta campaña celébrase o día internacional dos mercados que terá lugar mañá, 27 de maio, e o mercado de Ribadeo participa co desenvolvemento dun micro concerto de piano a cargo da EMMeD que será dentro da praza de abastos de Ribadeo as 12:00 horas.
Esta campaña ven acompañada de material promocional, segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local.