Site icon Crónica3.com A Mariña

Senderismo Xove, pola Costa Ártabra

Este domingo 21 o Grupo de Senderismo Xove, desprazouse a zona de Ferrolterra, para facer unha Ruta pola Costa Ártabra. Con saída dende a aldea de Cobas (Ferrol), visitaron o Cabo Prior e o seu faro, a continuación subiron a parte alta do Cabo Prior, onde estiveron instaladas as famosas baterías de defensa costeira do Golfo Artabro, hoxe en día en ruinas. Seguindo a Costa Artabra, chegaron a Praia de Doniños, onde fixeron o xantar, para despois visitar o Cabo Prioriño e o seu faro, na mesma entrada da Ria de Ferrol, ó carón do macroporto exterior.

Exit mobile version