Site icon Crónica3.com A Mariña

Sorpresa dos socialistas focegos polo feito de que a ex-concelleira de Cultura traballaba para una empresa que tiña, supostamente, o contrato caducado co Concello dende o ano 2012

Foz 18-05-2017.- Dende o PSdeG-PSOE de Foz non podemos menos que cualificar de sorprendentes as declaracións efectuadas polo Alcalde de Foz aos medios de comunicación, onde recoñecía que “recomendou” á ex-concelleira de Cultura a una empresa para traballar de guía na Basílica de San Martiño e que posteriormente lle propuxo ir na candidatura do PP de Foz.

O PSdeG-PSOE de Foz aínda esta á espera de que o Alcalde dea resposta á petición por escrito, feita polo grupo municipal socialista e entregue a documentación solicitada para poder entender como a ex-concelleira de Cultura traballaba, para una empresa que tiña, supostamente, o contrato caducado co Concello dende o ano 2012.

Resulta curioso – explican os socialistas – como se aumentaron 18.000 euros nos orzamentos do 2016, á partida para pagar á empresa que presta o servizo de guía na Basílica, e aínda mais curioso que, casualmente, dito incremento coincida coa dedicación exclusiva non aprobada, que lle pretendía pagar á concelleira, como consta na acta do pleno de investidura.

O Alcalde di que non hai nada ilegal. Os socialistas ás probas nos remitimos: préstase un servizo sen contrato, non sae a praza a oferta pública, hai continuidade e tampouco sae a concurso en liberdade de concorrencia. Apróbase unha subida nos orzamentos, que foron votados por dita concelleira, incorrendo nun posible conflito de intereses. Se non é ilegal, ule moi mal.

Os socialistas queremos saber: quen conformou as facturas por ese traballo feito, sobre todo, quen as aprobaba, pois é de entender que se aprobarían en Xunta de Goberno Local e non pola propia Concelleira, e que informe fixeron os técnicos ao respecto.

Un abanico de dubidas se abren diante de esta situación, unha concelleira dimitida para poder atender un servizo de guía prestado por unha empresa con un contrato caducado.

Preguntámonos si o Concello sacará una praza “ad doc” para esta persoa, como fixo para coa empresa no seu momento ou será oferta pública? Ou si en caso ser por servizos prestados, adxudicaráselle a esa empresa directamente, como se fixo no seu inicio ou sacarase a concurso público?

Todas estas dubidas, que agardan unha resposta clara, son compartidas por moitos veciños de Foz, que non ven normal, e así nolo fan chegar, a forma de actuar do equipo de Goberno do PP no concello, que sistematicamente incumpre a lei para beneficiar aos seus amigos, como fan diariamente na adxudicación de obras a dedo.

Exit mobile version