Site icon Crónica3.com A Mariña

TEMPOS DE NORDESTÍA

O CIS di que o PSOE (19,9%) achégase máis ao PP (31,5%) pero de lonxe. Á zaga Podemos (19,7%) baixa dous puntos que recolle Cidadáns (14,9%). O PP segue primeiro malia que o 53% dos españois non aproba ao goberno do Rajoy, pero é que o 61% non ve con bos ollos a oposición útil socialista. O vindeiro luns os tres candidatos socialistas teñen a difícil tarefa de facerse entender nunha dobre dirección, unha para que os seus afiliados vótenlles e outra para que os cidadáns perdidos recuperen o entusiasmo e poidan crer no líder que salga o día 21 de maio. Tres digo, si non se trata dunha estratexia na que Patxi López decline e ceda os seus seguidores a un dos outros dous.

Os mozos do PP esfórzanse en manter o ánimo e súan intentando desculpar a enfangada situación na que herdan o partido dos seus maiores. E é que os xuíces dos casos de corrupción non dan abasto coa contorna do Partido Popular. Rajoy, un presidente de goberno, terá que declarar en sé xudicial; o exministro Gallardón é investigado por autorizar unha compra de 83 millóns de euros sendo o seu prezo real de 8; O fiscal xefe Anticorrupción esfórzase ata o ridículo en protexer aos presuntos delincuentes da formación que lle buscou o asento; vemos fotos públicas de personaxes que charlan xuntos pero declaran non coñecerse; desaparecen probas inculpatorias; xuíces presionados e ameazados de ser removidos; indemnizacións millonarias para empresarios que accederon a contratos baixo investigación, como o caso Castor, 1.350 millóns que pagaremos os españois nos recibos da luz. Cada día salta unha lebre a cal máis preocupante. Miúda salsa para ser aproveitada polo PSOE si non fóra polo ben que se autoxustifican coa súa oposición útil. E mentras no PP frotanse as mans mentres no PSOE sigan entretenidos en rascarse as suas partes pudendas.

Exit mobile version