Viveiro 30-5-17. Con respecto ás xestións realizadas trala aparición dunha serpe nun dos canos da Fonte de Cadafalso, cómpre sinalar que este concello continúa á espera de recibir os resultados das analíticas realizadas.
Á espera desta información, solicitouse a persoal municipal un informe sobre o estado das fincas situadas na parte traseira da fonte, co fin de determinar o seu estado e incoar, se procede, os expedientes de orde de execución requerindo aos propietarios para dar cumprimento ao establecido na normativa vixente.
Así mesmo, por parte do persoal do Departamento de Obras procedeuse á inspección da arqueta da fonte, que se abriu para comprobar que estaba selada e en perfecto estado; tampouco se atopou ningunha anomalía na inspección realizada no manantial que abastece esta fonte.
Tras esta comprobación, o concello agardará os resultados referidos para adoptar as medidas que se considere oportunas.