Site icon Crónica3.com A Mariña

Últimas decisións adoptadas polo movemento Burela, Afectados do Plan Único Arcadio Pardiñas

Burela 28-5-17. Dende a Plataforma de afectados do plan único na Avda. Arcadio Pardiñas de Burela, en primeiro lugar, queremos agradecer o apoio que recibimos polos veciños e usuarios, así como a colaboración dos comerciantes da localidade, plasmados nas 3150 firmas que foron entregadas o día 23 de maio no Rexistro do Concello.

Ante a necesidade de validar as firmas, que sabemos que é un dos procedementos legais, tomamos a decisión de non utilizar esa vía administrativa para evitar molestias ás persoas que nos apoiaron firmando voluntariamente e para non demorar tanto o proceso, xa que urxe unha solución inmediata para non causar danos maiores.

Tamén queremos agradecer aos partidos da oposición, tanto PP como BNG, que nos brindasen a oportunidade de utilizar o “turno de palabra” no pleno pero, dada a magnitude que está tendo esta problemática, cremos que son os propios partidos os que deben intervir para debatir con rigor e seriedade este tema de gran relevancia para o desenvolvemento socioeconómico de Burela. Entendemos que as formacións políticas municipais son as que deben propoñer solucións.

Á súa vez, tamén pedimos que se pregunte ao grupo municipal de goberno sobre quen e por que se tomou a decisión de modificar o proxecto da oficina técnica, así como se existe algún documento que o xustifique, xa que na documentación que nos foi remitida non figura.

Reiteramos o noso agradecemento por todo o apoio recibido tanto do pobo de Burela como do seu contorno, así como dos comerciantes e transportistas.

Convocamos a veciños e comerciantes a asistir ao pleno do próximo martes, 30 de maio, ás 20h no que esta problemática está incluída na Orde do día.

Exit mobile version