Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de escolares de Rábade pasaron unha xornada en Barreiros.

IMG-20170530-WA0013Participaron nun intercambio co colexio de San Miguel de Reinante. Os nenos e nenas visitaron os areais barreirenses e tamén a praia das Catedrais, en Ribadeo. Os rapaces foron recibidos no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente, que lles fixo entrega dunha bolsiña con obsequios para eles, folletos turísticos e caramelos. O rexedor declarou que “é importante dar a coñecer os potenciais que ten Barreiros a nivel turístico entre rapaces e rapazas de concellos próximos, como é o caso de Rábade. Algúns xa estiveran por aquí, pero outros non”.

Exit mobile version