Site icon Crónica3.com A Mariña

Un mestre de Estonia visita ata o 26 de maio varios centros de ensino da Mariña, empresas e talleres de reparación de automóbiles

Ribadeo, 20 de maio de 2017. Un mestre de Estonia visita estes días varios centros de ensino da Mariña, empresas e talleres de reparación de automóbiles. Faino dentro do proxecto Conocimiento y Formación para la Empleabilidad e o socio de acollida é a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que ten a súa sede en Ribadeo.

Este profesor chegou onte, venres, a Ribadeo e fixo unha visita polo casco antigo, acompañado de Javier Rodríguez Fanego, de Apaga, e de Luis Alonso, o guía que o achegou á cultural local. Este sábado estao a pasar en Mondoñedo, onde coñecerá a Catedral, entre outras cousas. E o domingo achegarase ata Riotorto a visitar un taller de ferro.

A viaxe deste mestre chegado de Estonia seguirá o luns cunha visita ao CIFP Porta Auga e ao centro de formación profesional Pedro Murias. Tamén coñecerá o centro de cultivos mariños e a praia das Catedrais. A xornada do martes estará dedicada a visitar centros de ensino en Viveiro, Burela e Foz; o mércores pasará por varios talleres de reparación de automóbiles; e o xoves visitará a empresa de carrocería Hermanos Rega. O venres concluirá a súa estadía na Mariña luguesa.

Exit mobile version