Site icon Crónica3.com A Mariña

Un total de 36 persoas asistirán este sábado, e os días 10 e 17 de xuño ao curso de iniciación á apilcutura, que organiza o Concello de Ribadeo en colaboración con os Abelleiros e a escola Pedro Murias

Ribadeo, 26 de maio de 2017. Mañá, 27 de maio, e os días 10 e 17 de xuño en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas desenvolverase un curso de iniciación á apicultura, organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Asociación de Abelleiros de Ribadeo e a C.F.E.A de Pedro Murias, onde ten lugar.

Segundo indican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “o obxectivo do curso é presentar as principais cousas que se necesitan para comezar no manexo de colmeas; farase un percorrido polos asentamentos, materiais necesarios, principais enfermidades, normativa apícola, extracción e comercialización do mel”.

E engaden que “a previsión de inscricións do devandito curso superou as expectativas da organización; existían dispoñibles 20 prazas e finalmente abriuse o número á totalidade das persoas interesadas que foron 36”.

Desde Desenvolvemento Local explican que “o concello, a Asociación dos Abelleiros así como a escola de Pedro Murias pretenden con este curso facer chegar o mundo da apicultura e as súas posibilidades á máis xente posible, así como aquelas persoas que xa teñan colmeas, pero precisen máis coñecemento”.

Exit mobile version