Site icon Crónica3.com A Mariña

Valoración dos socialistas focenses ao cambio de concellerías do goberno local

Foz 09-05-2017.No dia de onte recollíase nos medios comunicación a remodelación que vai acontecer no goberno do PP de Foz, onde a Concelleira de Cultura presenta a súa dimisión, non so da súa delegación, senón como membro da Corporación, baseando esta dimisión en ter que dedicarlle máis atención e ao seu emprego como guía turístico na Basílica de San Martiño.

O PSdeG-PSOE de Foz, quere manifestar que sempre traballou e apoiou a protección e promoción do noso patrimonio histórico e dunha forma especial a Basílica de San Martiño , nese senso é bo recordar a axuda conseguida no seu momento de parte do Ministerio do un por cento cultural, inversión que marcou un antes e un despois para este monumento. Así mesmo apoiaremos sempre que este monumento teña a atención ao público necesaria para a súa promoción
.
Non obstante, a situación actual fai que nos xurdan certas dubidas, máxime cando se solicitou dende o grupo municipal socialista unha copia do contrato de servizo de guía e dinamización da Basílica e se respondeu, por escrito, que non se atopa en vigor dende o ano 2012.

Por estes motivos o Grupo municipal do PSdeG-PSOE de Foz vai rexistrar unha serie de preguntas no día de mañá para que o equipo de goberno do concello de Foz proceda a darlles resposta.

Tanto os socialistas como os veciños e veciñas do concello de Foz, en aras da máxima transparencia, deberían saber: Que relación laboral hai entre o Concello e a concelleira no servizo de dinamización e guía da Basílica de San Martiño? e, si non hai relación laboral directa co Concello de Foz, que empresa presta o servizo, por cantas horas e cal é custo supón ás arcas municipais. Como se adxudicou e quen conformou as facturas/mandamentos de pago.

Agardamos que o concello dea resposta a estas dubidas e explique a cidadanía por que, un servizo continuado, non se saca a concurso si o contrato esta caducado.

Exit mobile version