
Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz, e un grupo de 55 persoas chegaron a primeira hora deste sábado ao Castelo de Castrodouro. Foron recibidos polo alcalde Jorge Val e visitaron as diferentes exposicións itinerantes que acolle no seu interior, donde Alberto lles fixo unha demostración do seu traballo como zoqueiro e donde tamén asistiron a un espectáculo de maxia a cargo do Mago Tato.