Nesta primeira edición do Concurso de Fotografía Libre buscamos fotografías coa temática da Cultura Mariñeira Galega, na que se incluen elementos de pesca, artiluxios navais, arquitectura, festas, gastronomía, espazos singulares e demáis asuntos relacionados coa cultura mariñeira.
O gañador do premio será recompensado con 200€ e o xurado podrá adxudicar un premio accesit de 100€. O xurado estará conformado por dous profesionais da fotografía e polo presidente e secretario da Asociación Xeopesca.
BASES
Prazo: do 1 de Xuño ao 1 de Setembro.
Envió das fotografías: fotografia@xeopesca.gal
Formato: As imáxenes podense entregar en formato JPG ou PNG
Resolución das imaxenes: As imaxenes deben ter unha resolución mínima de 2560 x 1920 píxeles.
Licenzas das imáxines: Commons Creative Reconocimiento – Compartir Igual ou GNU Free Documentation License
Número de imaxenes: Cada autor pode enviar un máximo de duas fotografías.
Mais información: https://www.xeopesca.gal/fotografia2017
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.