Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira non adscrita de Viveiro, Saray Blanco Canoura, renuncia por motivos laborais á súa acta

Viveiro. 28 de xuño de 2017. Saray Blanco Canoura, presentou o pasado luns a súa renuncia a acta de concelleira da Corporación Municipal de Viveiro. Trasladamos a súa carta de renuncia presentada no rexistro do Concello de Viveiro o pasado luns.

“Comecei a formar parte da Corporación Municipal de Viveiro, logo das elección municipais do ano 2015. Presenteime co mellor dos equipos deste concello e coa convicción de que era posible traballar para conseguir un presente e un futuro mellor para Viveiro.
Pero coma moitas mozas e mozos de Viveiro, a falta de oportunidades profesionais adaptadas á miña formación no noso Concello é enorme, así que me vexo obrigada a trasladar a miña residencia a outra cidade, para desenvolver a miña actividade profesional.
Seguirei comprometida con Viveiro, co tecido social e cultural do noso Concello. Traballarei para que a partir de agora, o camiño das mozas e mozas sexa de regreso e non de partida.
Aproveito a ocasión para darvos as grazas a todas e todos polo respecto e bo trato que recibín deste pleno. Foi unha honra servir a Viveiro durante estes dous anos.
E por isto, que mediante o presente escrito, presento a miña renuncia á Acta de Concelleira da Corporación Municipal de Viveiro”

Ocupará o seu posto na Corporación Municipal de Viveiro para traballar dentro do grupo dos concelleiros non adscritos, Oscar Lara Gil. Deixámosvos unha pequena biografía.
“Oscar Lara, casado e con dous fillos de 9 e 6 anos, nado na Coruña o 25 de xullo de 1973, é licenciado en ciencias químicas, na especialidade de medio ambiente e enxeñeiro internacional de soldadura. Traballou como responsábel de seguridade industrial no complexo de Alcoa en San Cibrao. Agora na mesma empresa, desenvolve a súa profesión como xefe de área do departamento de dixestión na planta de Alumina. É xogador de rugby en activo e submarinista en pasivo.

Exit mobile version