Site icon Crónica3.com A Mariña

A partires do día un de xullo abre as portas o Espazo Caritel con novo horario

Foz 30-6-17. O espazo Caritel é un proxecto que xira arredor da Arte Contemporánea e a Natureza. A visita, sempre guiada, inclúe a posibilidade de ver unha sala de exposicións temporais, neste momento está programada a mostra “CAXIGUEIRO. 1989-2016” (escultura,instalación e fotografía). O xardín (tres mil cincocentos metros cadrados) permite gozar dunha gran diversidade de flora procedente de distintos continentes.Cabe destacar as colección de camelias, hortensias, fieitos- algúns arborescentes- etc.A visita permite achegarse ao mundo da Arte e da Botánica dun xeito ameno e didáctico, apto para todo tipo de públicos.

Horario de verán: De 11.30 a 14. De 17 a 20.30
Festivos: De 11.30 a 14
Luns: Pechado

Exit mobile version