A cifra sería incluso moito maior se temos en conta que en Burela tamén se están executar importantes investimentos de interese comarcal, como é o caso da obra de ampliación e remodelación do Hospital da Costa (na que se invisten nesta primeira fase 12 millóns de euros) ou o recentemente inaugurado novo acceso ao porto (para o que a administración autonómica achegou 8 millóns de euros)
“O Goberno galego ten un firme compromiso con Burela que se materializa nestes e noutros apoios, na mellora dos centros educativos, en investimentos para que o próximo curso poida estrear unha segunda gardaría, no fomento do emprego con accións formativas ou axudas directas a empresas, ou con apoios relevantes ás necesidades que se van detectando no seu porto pesqueiro, un dos máis importantes do Cantábrico”-dixo Balseiro.
Centro ocupacional da Fundación Eu Son
O delegado territorial da Xunta exemplificou este apoio coa súa visita ao centro ocupacional que xestiona a Fundación “Eu Son” Para o sostemento das 25 prazas concertadas, a Consellería de Política Social achega 168.255 euros, que a converte na administración que maior axuda achega.
A Fundación Eu Son é unha entidade sen ánimo de lucro creada coa finalidade de proporcionar asistencia social a persoas con discapacidade intelectual en idade laboral cuxa discapacidade (temporal ou permanente) lles impida a súa integración nunha empresa ou nun Centro Especial de Emprego
Beneficianse dos seus servizos usuarios procedentes de distintos concellos da Mariña de Lugo, concretamente, Alfoz, Ferreira, Mondoñedo, Lorenzana, Ribadeo, Xove, Cervo e Burela. O Goberno galego estuda ampliar as axudas co concerto de novas prazas, neste caso no centro de día que xestiona esta mesma entidade.