Site icon Crónica3.com A Mariña

Acto coa veciñanza de Xove do BNG

Xove 8-6-17.Despois de 10 anos de goberno do actual executivo xovense, o grupo municipal nacionalista fará un acto para escoitar as inquedanzas de todos os veciños acerca da situación política local. Os concelleiros Carlos Louzao, Luísa Pernas, Xosé Hermida e Marco López responderán a calquera das preguntas que se lles queira formular e, así mesmo, recollerán todas aquelas iniciativas constructivas que se poidan trasladar ao Pleno da corporación.

A reunión está convocada para este venres, ás 20h00, na aula de formación
do Concello de Xove.

Exit mobile version