Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuación de PimPim en San Cibrao

240617 Actuación PimPimCervo 24-6-17. O Grupo Municipal de Teatro PimPim ofreceu o espectáculo que acolleu o Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, que encheu o aforo para a ocasión.

Os nenos, logo de varios meses de ensaio, ofreceron ao público o seu particular “tu cara me suena” ao que lle deron por título e ti quen ves sendo?

Sobre o escenario puidemos ver a Chenoa, a Julio Iglesias, a Marisol, a Bruno Mars, a Justin Bieber, a Shakira, a Michael Jackson…e un sen fin de artista recoñecidos; e tampouco faltou o xurado deste famoso formato televisivo.

Os pequenos amosaron sobre o escenario o seu salero e o seu talento e ao final da actuación dende o Concello de Cervo, a edil de Cultura Dolores García Caraméns, a de Servizos Sociais, Pilar Armada, a de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e o de Patrimonio, Alfredo Fernández, fixéronlles entrega dunha sudadera e unha camiseta personalizadas co logo de PimPim.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, tampouco se quixo perder a actuación, e ao comezo do evento dirixiuse aos presentes recordando “os 5 anos de andadura do Grupo PimPim, do que forman parte 38 nenos e nenas; e dende o Concello cremos, e así nolo fixeron chegar tamén moitas das familias, que é unha experiencia enriquecedora e moi positiva para os pequenos, xa que desenvolven habilidades comunicativas que lles poden servir de axuda tamén para o seu futuro”.

Ademais, -engadiu o rexedor- ao tempo fomentan condicións como a espontaneidade, o compañerismo e as relacións persoais fundamentais en calquera etapa da vida, pero nesta na que están ben importantes”.

Villares quixo agradecer o traballo e a dedicación da edil de Cultura, Dolores García Caramés, “que se deixa a pel semana a semana cos nenos, cos que ten unha perfecta comunión; e tamén a colaboradoras como Lis e Claudia, pola súa axuda imprescindible”.

Exit mobile version