Cervo, 09 de xuño de 2017.- Alfonso Villares vén de anunciar a súa intención de presentarse á presidencia do Partido Popular de Cervo, que se decidirá no Congreso Local que se celebrará o vindeiro domingo 2 de xullo na sede do partido, na Avda. da Veiga, 3 – entrechán (Edificio antigo CEMAR) de San Ciprián, ás 11:00 horas
Villares quixo agradecer o traballo ben feito por feito por José Insua durante 22 anos, “ao que lle quero agradecer a súa plena dedicación a Cervo, aos cervenses, e ao noso Partido”.
Tal e como sinalou “pídolle a todos os afiliados que se sumen a este proxecto aglutinador que representará a todos os que configuramos ese gran equipo co fin de traballar nunha mesma dirección baixo as siglas do Partido Popular de Cervo; unha liña que non é outra que a de velar polos intereses de todos os cervenses e continuar cun camiño que se asenta sobre unhas bases sólidas, para que Cervo siga a ser un referente no seo do Partido Popular, como o foi ata o de agora”, sentenciou.