Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do Colexio Sagrado Corazón limpou a desembocadura do río San Xulián. A actividade foi organizada pola concellería de sostibilidade ambiental de Ribadeo co obxectivo de fomentar o respecto polo planeta

IMG_20170619_113506277_HDRRibadeo, 19 de xuño de 2017. Un grupo de rapaces e rapazas do colexio Sagrado Corazón limparon este luns a desembocadura do río San Xulián, en Rinlo. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Sostibilidade Ambiental, que se repetirá este mércores, día 21, nas Catedrais con alumnado do colexio Gregorio Sanz.

Paz Ermida subliñaba hai uns días: “parécenos fundamental levar a cabo este tipo de xornadas precisamente cos máis pequenos, que son os que se empapan e os que logo saben transmitir nas súas casas e coas súas amizades a importancia que ten e o respecto que merece o noso planeta”.

Cos rapaces e rapazas do Sagrado Corazón estivo Óscar García, de Coge3, “que é un coñecido voluntario de aquí de Ribadeo que decidiu de maneira totalmente voluntaria e gratuíta participar con nosoutros, estar acompañando aos cativos e ás cativas nesta actividade”, engadiu a concelleira ribadense
Hoxe, 19 de xuño, 40 rapaces e rapazas do colexio Sagrado Corazón participaron nestas tarefas de limpeza na desembocadura do río San Xulián, en Rinlo, desde onde despois foron camiñando ata a praia de Xuncos.

O vindeiro mércores, día 21, o alumnado do Gregorio Sanz partirá do colexio ás 10 da mañá para ir ata a praia das Catedrais, “onde se desenvolverá a primeira parte da actividade, e despois ao cabo de hora e media retornarán ao centro, onde asistirán a unha charla temática ambiental. Arredor de 100 rapaces/as participarán na limpeza do emblemático areal”, explican desde a Concellaría de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño.

Exit mobile version