Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras de Gaia, do Concello burelés, amosáronlles o paseo da Marosa e algúns dos areais aos rapaces de 5º de infantil do CEIP Virxe do Carme

080617 Foto actividade GaiaBurela, 8 de xuño de 2017. Os alumnos de 5º de infantil do CEIP Virxe do Carme, de Burela, estiveron de excursión coas monitoras de Gaia do Concello. Nesta ocasión estiveron polo paseo da Marosa e visitaron as praias de Portelo, Ril e A Marosa.

Segundo explican as monitoras “tratábase de que os máis pequenos desfrutaran dun paseo pola nosta costa, admiraran a preciosa paisaxe e aprendesen a usar as praias dunha forma respectuosa co medio ambiente. Polo que fixemos fincapé nos servicios que nos prestan as nosas praias: socorrismo, duchas, aseos… Recalcamos a necesidade de respectar ás bandeiras de baño e o seu significado. Polo paseo tamén nos fixamos na vexetación, e ensinámoslle a uña de gato, explicando o que significa ser unha planta invasora”.

E engaden que “outra das paradas foi en Cabo Burela, un dos cabos que máis sobresae do litoral e punto de referencia para os mariñeiros, onde vimos o monolito que sinaliza este punto. E como non, fixamos a nosa atención no Faro de Burela, un dos nosos símbolos, do que contamos un pouquiño a súa historia e utilidade para a xente do mar”.

Exit mobile version