A Concellería de Servizos Sociais informa a todos e a todas os/as maiores do concello de Burela que está aberto o prazo de inscrición para participar na Xuntanza de Maiores que se vai a celebrar o vindeiro 1 de xullo na localidade ourensá de O Carballiño. A concelleira de Servizos Sociais engade que “o prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de xuño. Aquelas persoas interesadas en participar nesta viaxe poden anotarse en horario de 8:00 a 14:00 horas, de luns a venres, na Casa do Concello”.