Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro di que Campos debera aprender de alcaldes como os de Cervo ou Guitiriz que pese contar cun GES non renuncian ás brigadas contra incendios

A Pontenova (Lugo), 30 de xuño de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, amosou a súa sorpresa porque o alcalde da Pontenova xustifique a súa renuncia a sumarse ao convenio que a Xunta de Galicia pon a disposición dos concellos para colaborar na prevención e loita contra os incendios forestais.

Para Balseiro, Dario Campos debería tomar exemplo e aprender doutros rexedores, como o alcalde de Cervo ou da súa compañeira de partido a alcaldesa de Guitiriz, dous concellos que a pesar de contar coa base dun Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) –como acontece na Pontenova- asinaron o convenio coa Xunta e así puideron contar cunha brigada contra incendios nos meses de alto risco

Ademais o delegado lembra que o convenio non se limita á financia a contratación destes traballadores, senón que permite que a Xunta dote ao concello dunha motobomba e do apoio económico preciso para o seu funcionamento e reciba tamén unha achega para financiar labores de desbroce en terreos de titularidade municipal ou con propietario descoñecido.

A Xunta a administración que máis inviste
Finalmente Balseiro tamén lembrou a Dario Campos que a Xunta é a administración que maior investimento realizada no Concello da Pontenova, con achegas como as dirixidas ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes, para os que achegan 169.000 euros, o sostemento do Grupo Municipal de Emerxencias (GES) que recibe 123.000 euros ou as dirixidas á mellora de camiños de titularidade municipal como as executadas nas parroquias de Vilaoudriz e Rececende nos que se investiron 42.658,32 e 16.925,90 respectivamente.

Pero tamén a Xunta conveniou con este concello para acometer a cubrición dunha instalación deportiva ao aire libre na que investiron 34.815,03 euros, ou outorgou unha axuda de 16.208,40 euros dedicados á mellora da rede de abastecemento de auga no núcleo rural se Sanxés. A Xunta tamén dotou a este concello dunha motobomba por valor de 142.857 euros.

No ámbito laboral, A Pontenova contou con obradoiro e financia a contratación dun socorrista, do axente de emprego e de cinco peóns, neste último caso, a través do programa Aprol Rural que puxo en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria, departamento que tamén investiu en accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas un total de 32.646 euros.

Exit mobile version