Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro explica que está previsto rematar este xoves a reparación do tallamar da ponte da Misericordia

150617 PonteViveiro (Lugo), 15 de xuño de 2017.- O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé rematar hoxe mesmo coa reparación do tallamar da ponte da Misericordia, en Viveiro, e desmontar mañá a estada, de forma que a última hora da tarde podería recuperarse xa a normalidade no tráfico.

O delegado supervisou sobre o terreo a evolución das obras de conservación e mellora da ponte, que estes días se centraron na reposición dos sillares desprazados nun tallamar, labores que só se poden realizar con marea baixa.

Os traballos avanzaron a bo ritmo, o que permite prever que mañá se retire a estada colgante que se instalou para acceder á zona sen afectar ao leito da ría. Debido ás súas dimensións, cortouse un carril de circulación para maior seguridade tanto dos traballadores como dos usuarios da ponte.

A próxima semana realizaranse as obras de pintado e reparación da varanda.

Exit mobile version