Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebra o día mundial dos océanos uníndose á campaña 15 días polos océanos. Ata o luns, 12 de xuño, levaranse a cabo varias limpezas de praias e zonas costeiras

080617 Foto dia OceanosBurela, 8 de xuño de 2017. Este xoves 8 de xuño, celébrase o Día Mundial dos Océanos e a Concellería de Medio Ambiente únese á campaña titulada 15 días polos océanos, coa axuda e colaboración de Coge3. Ao longo destes días levaranse a cabo varias limpezas de praias e zonas costeiras, hoxe a asociación Camiña realiza tarefas de limpeza na praia de Ril, mañá venres os alumnos e alumnas de 4º de Eso do IES Perdouro limparán a zona do Perdouro, e o vindeiro luns, 12 de xuño, usuarios da Fundación Eu Son acudirán á praia do Portelo, onde participarán tamén en tarefas de limpeza dese areal.

O lema deste ano para o Día Mundial dos océanos é Os nosos océanos, o noso futuro. Noelia Mª Ben sinala que “os océanos cobren ao redor de dous terzos da superficie da terra e son o verdadeiro alicerce da vida. Xeran a maior parte do osíxeno que respiramos, absorben unha gran cantidade das emisións de carbono, ofrecen comida e nutrientes, regulan o clima, e son economicamente importantes para os países que confían no turismo, a pesca e outros recursos mariños para os seus ingresos. Ademais, son a espiña dorsal do comercio”.

E engade que “desafortunadamente os nosos océanos e mares sofren serios problemas como a presión humana, que inclúe a sobre explotación pesqueira e a pesca ilegal, as insustentables prácticas de acuicultura, a contaminación mariña, a destrución do hábitat ou as especies invasivas”.

Exit mobile version