Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela estará presente en Silleda en FESTUR do 8 ao 11 de xuño

Burela, 7 de xuño de 2017. Burela estará presente desde mañá en Silleda na terceira edición de Festur, a feira de festas de interese turístico, que se celebra de xeito paralelo á 40 Semana Verde de Galicia. En Festur terá lugar unha degustación de bonito o domingo, 11 de xuño, ás 12:30 horas. E ata Silleda se desprazarán o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, e tamén representantes de Ledicia, a asociación que organiza a tradicional feira do bonito, que ten lugar en Burela a primeira fin de semana de agosto.

O edil burelés subliñou que “o que perseguimos asistindo a este tipo de feiras próximas é achegar Burela e os seus atractivos a ese turismo que está máis preto de nós e que é o que nos visita. Refírome a aquel que chega ata aquí procedente de León, Asturias e Galicia. O que imos facer é dar a coñecer neste caso a feira do bonito, que se celebra en Burela a primeira fin de semana de agosto”.
Ramiro Fernández Rey engadiu que “este evento, a feira do bonito, é a festa máis potente que se celebra no verán na Mariña, na provincia de Lugo e unha das máis importantes de Galicia”. E anunciou que “o domingo, 11 de xuño, haberá en Festur unha degustación de bonito, a cargo de Ledicia, a asociación que organiza a feira en Burela desde hai máis de 30 anos”.

Ata Silleda se desprazará estes días o concelleiro de Turismo burelés.

Exit mobile version