As 8 modalidades deportivas ofertadas para idades infantís foron: futbol sala, atletismo, tenis de mesa, patinaxe, xogos predeportivos e natación, e as modalidades deportivas ofertadas para a sección de adultos foron: ximnasia mantemento e aeróbic (con 7 grupos de traballo).
A clausura tivo lugar a partir das 19,00 comezando coa exhibición de Patinaxe Artístico e a continuación disputouse un partido de fútbol sala categoría biberón – prebenxamin VS nais biberón – prebenxamin (que resultou do máis competido) .
A partir das 20,15 horas, con presencia do rexidor barreirense, D. Alfonso Fuente Parga procedeuse á clausura oficial das E.D. Barreiros coa entrega da memoria de actividades da temporada e entrega de agasallos, finalizando cunha merenda para todos os asistentes.
Dende as E.D. Barreiros agradecemos a colaboración que ano tras ano nos prestan os centros educativos: Ceip San Cosme, Ceip San Miguel así como da Oficina de Información Xuvenil