Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia defende un transporte público que vertebre o país

Compostela 23-6-17. Nos últimos días quen máis ou quen menos se está vendo afectado pola folga do transporte. Os traballadores do sector están en folga, e nalgúns medios de comunicación están a darnos datos participación, sobre servizos mínimos etc. Pero non nos están a explicar o por que desta folga.

A Xunta de Galicia quere reestruturar o transporte público do país, mantendo unicamente criterios de rendibilidade económica sen preocuparse polos problemas dos galegas e galegas e das necesidades de inter-conexión dos nosos territorios. As incoherencias do goberno de Feijoo suporán o seguinte:

-Ata o de agora as concesión por servizo de moitas das viaxes que se fan en Galicia, eran dadas por liña, por exemplo se unha persoa quería viaxar de Lugo a Vigo, había un servizo que facía a ruta Lugo – Ourense –Vigo. A partir de agora o que se pretende é que esas concesións sexan por zonas, xa que logo unha empresa fará o traxecto Lugo – Ourense e outra Ourense – Vigo, isto suporá ter que facer un transbordo en Ourense e tamén que si unha se retrasa a outra non espera.

-O anterior provocará o aumento na duración das viaxes, polos transbordos e as esperas nas estacións.

-Suporá tamén a desaparición dun importante número de paradas en moitos pobos de Galicia, co que iso supón para o noso rural, o que demostra que o PP de Galicia segue apostando por unha Galicia de dúas velocidades.

-Sobre o transporte escolar, hai que sinalar que a partir de agora as viaxes serán compartidas. Polo que o que era un dereito para os nosos fillos pasará a ser unha subvención. Pois o que era un servizo exclusivo o pasar a ser ordinario pasan a ser billetes subvencionados para os estudantes; ademais de ter que soportar maior número de paradas e traxectos máis longos. Cxg denuncia a perda dun dereito acadado en Galicia, pola singularidade da taxa de dependencia e da dispersión territorial donoso país. Consideramos tamén unha perda de seguridade para as crianzas dado o momento histórico que estamos a vivir.

Ata aquí falamos do que mudará para os usuarios e en que se van ver afectados. Pero e os traballadores do sector, parte non menos importante, que sufrirán?:

-A perda de 1.000 postos de traballo en Galicia. Coa conseguinte perda de masa salarial para o país.

-Non haberá subrogación para os traballadores.

-A espera de que se aprobe este proxecto, os convenios colectivos dos catro territorios están paralizados dende 2015, iso leva implícito unha conxelación salarial.

Por todo isto Piñeiro Docampo dixo o seguinte:

“CxG non comprende que o PP só se fixe en criterios obxectivos de carácter económico, o transporte público en Galicia necesariamente ten que ser o garante da vertebración territorial. Denunciamos o desleixo do goberno de Feijoo nun asunto que xa se debera tratar en 2009.

Agardamos que cheguen a bo porto as negociacións entre tódalas partes, patronal, sindicatos e administración, o mesmo tempo que lle esiximos a Xunta máis capacidade de diálogo”.

Exit mobile version